A Casa da Moeda de Kremnica (en eslovaco: Mincovňa Kremnica; en húngaro: Körmöcbányai pénzverde) é unha casa de moeda de titularidade estatal situada en Kremnica, Eslovaquia. O precursor da actual compañía actual estableceuse en 1328 e a ceca mantívose case sete séculos dedicada á cuñaxe de moeda. Ademais de elaborar moedas para diversos países do mundo, a Casa da Moeda de Kremnica é a produtora das moedas do euro de Eslovaquia.
Developed by StudentB